Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 25988

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 1327/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1327/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carlos Santiso Paredes contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentenza.

Na Coruña o 7 de xuño de 2013.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1327/2012, en que son parte, dun lado, como demandante José Carlos Santiso Paredes, asistido polo letrado Felipe Martínez Ramonde e, como demandados, Esabe Vigilancia, S.A. e o Fogasa, que non comparecen, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Carlos Santiso Paredes contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento.

2. Tense por efectuada a opción a favor da indemnización, declarando a extinción da relación laboral na data desta resolución e condenando a demandada a aboar ao demandante en concepto de indemnización a cantidade de 12.130,79 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o que é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, demostrándoo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, que se incorporarán a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar un letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xuño de 2013

A secretaria xudicial