Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 25990

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1128/2012).

Número de autos: procedemento ordinario 1128/2012.

Demandante: David Rodríguez Pena.

Avogado: José Nogueira Esmoris.

Demandados: Industrias Gelucho Romar, S.A., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1128/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Rodríguez Pena contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A. e outros sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por David Rodríguez Pena contra Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos GR Carpintería 2001, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos GR Carpintería 2001, S.L. a que lle aboen ao demandante a cantidade de 1.784,91 € por salarios devindicados en xuño de 2011 e a compensación económica polas vacacións non gozadas nesa anualidade, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor ningún recurso. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á Empresa Gelucho Romar, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de xuño de 2013

A secretaria xudicial