Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 25991

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1086/2012).

Número de autos: procedimiento ordinario 1086/2012.

Demandante: Javier Traba Nieto.

Avogado: David Pena Díaz.

Demandado: José Ramón Canosa Buján (Transportes J. Canosa).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1086/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Traba Nieto contra a empresa José Ramón Canosa Buján (Transportes J. Canosa) sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxo ditame di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Javier Traba Nieto contra José Ramón Canosa Buján e, en consecuencia, debo condenar e condeno a José Ramón Canosa Buján a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.730,72 € por salarios de maio e xuño de 2011, así como compensación económica polas vacacións non gozadas e as axudas de custo devindicadas nos mesmos meses, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación ao demandado José Ramón Canosa Buján -Transportes Canosa-, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de xuño de 2013

A secretaria xudicial