Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2013/147-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: soterramento VLG808 A Graña-A Vía e CT Teniente Domínguez.

Situación: O Grove.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 1.441 metros de lonxitude, con orixe no CT A Graña e final no CT A Vía unha vez entre e saia do CT proxectado e do CS existente día. Centro de transformación de 400 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na avenida Teniente Domínguez, O Grove.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 1 de xullo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra