Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2013/148-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT na Bouza, polígono 2-parcela 682 (eixe atlántico de alta velocidade, tramo Vigo-A Coruña, p.q. 47+400).

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 e LA-110 de 287 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 1 da LMTA VAR804B Caldas 4 e final no apoio existente nº 5 desta (elevación do tramo). LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 25 metros de lonxitude, con orixe na LMTS existente VAR804B Caldas 4 e final no apoio nº 3 proxectado do tramo que se vai elevar. As instalacións están situadas no lugar da Bouza, polígono 2, parcela 682, Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 1 de xullo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra