Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29830

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (61/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 61/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva María Piñeiro García contra a empresa Lumar Natural Seafood, S.A.-Procesados Pesqueros, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, dez de xuño de dous mil trece.

Presentou escrito a parte demandante no cal desiste da demanda e, encontrándose citado a xuízo o demandado, dáse traslado a este da desistencia por prazo de dez días para que mostre ou non a súa conformidade, segundo o disposto no artigo 20.3 da LAC, facéndolle saber que en caso de non realizar o trámite no prazo conferido se entenderá conforme coa desistencia formulada de contrario.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 8.7.2012 ás 9.40 e 9.45 horas, respectivamente, e ponse en coñecemento das partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Lumar Natural Seafood, S.A.-Procesados Pesqueros, S.L., por encontrarse en ignorado paradoiro, insírese o presente no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2013

A secretaria xudicial