Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29828

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1027/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento arriba indicado se ditou a sentenza cuxo encabezamento e ditame son os seguintes:

«Sentenza: 384/2013.

Despedimento 1027/2012.

Sentenza:

A Coruña, 18 de xuño de 2013

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1027/2012, sendo demandante Youlia Stoichkova Kazandzhieva, asistida polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandada a empresa Austral Instalaciones, S.L., así como a administración concursal da empresa Austral Instalaciones, S.L., coa representación da entidade Dictum Estudio Jurídico y Económico, a través da letrada Sra. González de la Torre, despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño: rúbrica del capítulo II (arts. 3 a 23) y contenido del precepto, anteriormente modificado por L 10/1992 do 30 abril, redactados por arts. 3º e 13º, respectivamente, L 8/1999 do 6 abril.

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Youlia Stoichkova Kazandzhieva contra a empresa Austral Instalaciones, S.L., así como contra a administración concursal da empresa Austral Instalaciones, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento de Youlia Stoichkova Kazandzhieva e condeno a empresa demandada a que, no prazo de 5 días desde a notificación da presente sentenza, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de producirse o despedimento, e iso con aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a da presente sentenza, importan a cantidade de 28.077,3 euros, aos cales deberán engadirse os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 91,75 euros diarios, e a extinción da relación laboral con aboamento a Youlia Stoichkova Kazandzhieva da cantidade de 23.579,75 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846), a nome deste xulgado, co número 1533.0000.36.1050.12, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.1050.12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a Austral Instalaciones, S.L., en paradoiro descoñecido, para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2013

A secretaria xudicial