Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non harmonizado, da contratación do servizo de limpeza do CPI Conde de Fenosa, no concello de Ares.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de centros.

c) Número de expediente: ED-03/2013-DXCRH.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas do CPI especificado no sumario.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: no CPI Conde de Fenosa, concello de Ares.

e) Prazo de execución: dous anos, desde o 10 de novembro de 2013 ata o 9 de novembro de 2015.

f) Clasificación: non se exixe.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non harmonizado.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o importe neto do contrato é de 57.598,00 euros máis 12.095,58 euros, que corresponden ao 21 % do IVE, o que supón un importe total de 69.693,58 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 65 18.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19284

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que se presentará: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data e a hora de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, telegrama ou fax (número de fax: 981 54 65 42) nese mesmo día.

2ª) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: os actos públicos de apertura de proposicións realizaranse no lugar, data e hora que se anunciará no perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19284, con 48 horas de antelación á realización dos ditos actos.

9. Gastos do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria