Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 10 de xullo de 2013, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-07.13 en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-07.13 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-07.13.

Interesada: María Fernanda Grande Santos.

Último domicilio coñecido: Lorenzo de la Carrera, 2, 36300 Baiona.

Feitos imputados: instalación dunha máquina expendedora e a substitución de carpintaría de cristal por portas de aluminio lacado en cor branca, na planta baixa do inmoble sito na rúa Lorenzo de la Carrera, 2, esquina Ventura Misa, no conxunto histórico de Baiona (Pontevedra), sen contar coa autorización previa da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.