Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 16 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia da proposta de resolución de expediente sancionador por infracción en materia de servizos sociais.

Con data do 18 de xuño de 2013 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador 76/2013 seguido contra Galicia Saudade, S.L. pola comisión de infraccións en materia de servizos sociais.

Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante o presente anuncio notifícaselle a proposta de resolución ao interesado, e fáiselle saber que unha copia dela está á súa disposición nas dependencias desta xefatura territorial (rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación da devandita proposta, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas, conforme o establecido no artigo 19.1 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Vigo, 16 de xullo de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: 76/2013.

Entidade infractora: Galicia Saudade, S.L., con CIF B36445641.

Último enderezo coñecido: avenida Rosalía de Castro, nº 5, 1º D, Ponteareas.

Acto de notificación: proposta de resolución de expediente sancionador.

Data da proposta de resolución: 18.6.2013.

Infraccións e preceptos infrinxidos:

– Unha infracción moi grave das tipificadas no artigo 82.e) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia polas infraccións tipificadas como graves cando a súa comisión provoque danos ou prexuízos de difícil ou imposible reparación para as persoas usuarias de servizos sociais, ou cause unha importante deterioración ou un prexuízo social.

– Unha infracción grave das tipificadas no artigo 81.a) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, polo inicio, a modificación substancial ou o cesamento de actividades dun centro, servizo ou programa carecendo da autorización administrativa correspondente.

– Tres infraccións graves das tipificadas no artigo 81.a) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, polo inicio, a modificación substancial ou o cesamento de actividades dun centro, servizo ou programa carecendo da autorización administrativa correspondente.

– Unha infracción grave das tipificadas no artigo 81.k) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, por obstruír o labor inspector.

– Unha infracción grave das tipificadas no artigo 81.f) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, por desatender as necesidades básicas de atención ou de avaliación e o seguimento das persoas usuarias, de acordo cos requirimentos do seu plan individual de atención.

– Unha infracción leve das tipificadas no artigo 80.a) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, por irregularidades de carácter formal no cumprimento da normativa vixente en materia de servizos sociais.

Precepto sancionador: artigos 83.1.a), b) e c) así como o artigo 83.2 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: multa por importe total de 34.007 euros, como resultado das seguintes sancións: multa de 15.001 euros pola infracción moi grave tipificada no artigo 82.e), multa de 3.001 euros por cada unha das catro infraccións graves tipificadas no artigo 81.a), multa de 3.001 euros pola infracción grave do artigo 81.k) e multa de 1.000 euros pola infracción leve tipificada no artigo 80.a), todos eles artigos da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Competencia: artigos 88.2 e 3 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.