Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29814

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (566/2012).

Pilar Sández González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de José Sánchez de Santiago fronte a G y S Servicios Integrados, S.L., ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

Procedemento: xuízo ordinario número 566/2012.

Sentenza:

Vigo, 21 de marzo de 2013.

Vistos por Mª Isabel Benito Sánchez, como xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos por instancia de José Sánchez Santiago, representado polo procurador Sr. Fandiño Carnero e asistido polo letrado Sr. Iglesias Otero, contra G y S Servicios Integrados, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Ditame:

Que estimando integramente as pretensións da parte demandante debo condenar e condeno a G y S Servicios Integrados, S.L. a pagarlle a José Sánchez Santiago a cantidade de 122.606 euros máis o xuro legal do diñeiro desde a data da presentación da demanda; con expresa condena en custas da parte demandada.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación no prazo de 20 días.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E encontrándose o citado demandado, G y S Servicios Integrados, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 2 de xullo de 2013

A secretaria xudicial