Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29816

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada

EDICTO (49/2012).

Denise Romeiro Barciela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, polo presente anuncio que no presente procedemento de divorcio contencioso número 49/2012, seguido por instancia de María do Carmen Domínguez Gómez fronte a Domingo Fernández Vázquez, se ditou sentenza de data 19 de marzo de 2013, cuxo teor literal é o seguinte:

«Antecedentes de feito.

Primeiro. Presentouse demanda en data 3 de febreiro de 2012, na cal se solicitaba a declaración do divorcio do matrimonio formado por María del Carmen Domínguez Gómez e Domingo Fernández Vázquez.

Segundo. A parte demandada non se presentou nin compareceu no prazo previsto, e citouse o demandado por edictos, xa que se descoñecía o domicilio.

Terceiro. O día 19.3.2013 tivo lugar vista pública na cal se admitiron as seguintes probas, das cales se practicou a documental por reproducida.

Ditame.

Acordo:

1º. A disolución do matrimonio formado por María del Carmen Domínguez Gómez e Domingo Fernández Vázquez.

2º. Atribúeselle a María do Carmen Domínguez Gómez o uso e desfrute do domicilio conxugal sito en Carballedo, lugar de Castro, número 71.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes».

E encontrándose o dito demandado, Domingo Fernández Vázquez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Chantada, 29 de maio de 2013

A secretaria xudicial