Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (308/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 308/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Manuel Amado Martínez, Manuel Troteiro Cancelo e Daniel Añón Mosquera contra a empresa Lorenvar, S.L., con intervención de Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame din:

«Sentenza:

A Coruña, 3 de xullo de 2013

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 308/2011 seguidos por instancia de Manuel Troteiro Cancelo, Marcos Manuel Amado Martínez e Daniel Añón Mosquera, representados pola letrada sra. Lamela Louzán, contra a empresa Lorenvar, S.L., con intervención procesual do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Ditame:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Troteiro Cancelo, Daniel Añón Mosquera e Marcos Manuel Amado Martínez fronte a Lorenvar, S.L. con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe 7.673,24 euros a Manuel Troteiro Cancelo, 7.056,25 euros a Daniel Añón Mosquera e 10.452,78 euros a Marcos Manuel Amado Martínez, incrementados cos xuros do 10 % regulados no artigo 29.3 do ET para os conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Lorenvar, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xullo de 2013

A secretaria xudicial