Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29901

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 21-22 do parque empresarial da Trabe.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de maio de 2013, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle, presentado por Pablo Alonso Lago (Proyfe, S.L.), en representación de Auténtica Generación Distribuida de Castilla y León, S.L. (AGD CyL, S.L.), co obxecto da ordenación de volumes e agrupación das parcelas 21-22 da zona Z3, subzona 1, do parque empresarial da Trabe, redactado pola arquitecta Lorena Pardiñas Lamas.

Este acordo supón o levantamento da suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo estudo de detalle.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 11 de xuño de 2013, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dándolle traslado, así mesmo, de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e os documentos que o integran debidamente dilixenciados pola secretaria do Concello.

Contra este acordo plenario, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse previa e potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Pleno do Concello de Cedeira, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente poderá interpoñerse recurso contencioso- administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Cedeira, 7 de xuño de 2013

Leopoldo Rubido Ramonde
Alcalde