Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013 pola que se anuncia a licitación de dous contratos cofinanciados polo Feder, programa operativo con referencia UNLC10-1E-816 e UNLC08-1R-007, respectivamente (expedientes 2013/1007 e 2013/1009).

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2) Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña, r/ Maestranza, nº 9, 1ª andar.

3) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4) Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118, 1038).

5) Telefax: +34 981 16 70 20.

6) Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7) Dirección da internet do perfil de contratante:

http://www.udc.es/contratacionadministrativa

8) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

• Número de expediente: 2013/1007.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición dun reómetro para a medida das propiedades reolóxicas de formigóns en estado fresco e outros fluídos tipo Bingham, cofinanciado nun 70 % polo Feder, programa operativo referencia UNLC10-1E-816.

c) Lugar de execución/entrega: Citeec.

1) Domicilio: Campus de Elviña.

2) Localidade e código postal: 15071 A Coruña.

d) Prazo de execución/entrega: dous meses.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares´.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 38970000-5.

– Valor estimado do contrato: 44.770,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 37.000,00 euros. Importe total: 44.770,00 euros.

• Número de expediente: 2013/1009.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición dun sistema integrado de seguridade nas comunicacións, cofinanciado nun 70 % de 49.641,59 € por Feder, programa operativo referencia UNLC08-1R-007, e 30 % de 49.641,59 € polo Ministerio de Economía y Competitividad.

c) Lugar de execución/entrega: edificio ampliación do Citic.

1) Domicilio: Campus de Elviña.

2) Localidade e código postal: 15071 A Coruña.

d) Prazo de execución/entrega: oito semanas.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 32420000-3.

– Valor estimado do contrato: 154.880,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 128.000,00 euros. Importe total: 154.880,00 euros.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas, do décimo quinto día natural, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Registro Xeral da Universidade da Coruña.

2) Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, nº 9.

3) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría, r/ Maestranza, nº 9.

c) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Data e hora:

1) Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día cadra en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2) Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil de contratante, o día e hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a pro rateo.

– Outras informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 4 de xullo de 2013

P.D. (Resolución do 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña