Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de análise, avaliación e priorización de tecnoloxías xeradas de proxectos I+D+I e elaboración de plans de desenvolvemento no marco do proxecto Innova Saúde, cofinanciado con fondos Feder (AB-SER1-13-040).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-13-040.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de análise, avaliación e priorización de tecnoloxías xeradas de proxectos I+D+I e elaboración de plans de desenvolvemento no marco do proxecto Innova Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: non poderá superar ás 16 semanas desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 73200000-4.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

– Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

0-50

Metodoloxía de traballo

0-15

Entregables

0-10

Plan de traballo

0-15

Medidas de promoción e difusión

0-5

Modelo de dirección, xestión e seguimento do servizo

0-5

– Criterios valorables automaticamente (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Prazo de execución fases 1 y 2.

0-10

4. Valor estimado dos contratos: 150.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 150.000 euros. Importe total: 181.500 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1 e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

11. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % con fondos Feder, Fondo Tecnolóxico 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 03.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos