Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29903

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre a construción dunha nave e instalación nela da actividade de recuperación e almacenamento de ferros e metais no parque empresarial de Alvedro.

José Antonio Álvarez Porto solicitou unha licenza municipal para a construción dunha nave e instalación nela da actividade de recuperación de ferros e metais con almacenamento destes, na rúa J número 7, parcela J-7 do parque empresarial de Alvedro, parroquia de Almeiras. O expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo, na Secretaría do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 2 de xullo de 2013

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo