Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29904

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 28 de xuño de 2013, acordou aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Noia, redactado pola empresa Monteoliva Arquitectura, S.L.P.

De acordo co previsto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUPMR), o dito documento aprobado inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, sométese a un período de consultas e de exposición ao público polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal os interesados poderán examinalo e presentar cantas alegaciones xulguen convenientes, para o cal estará á súa disposición no Servizo Municipal de Urbanismo do Concello de Noia, en horario de atención ao público de luns a venres, das 10.00 ás 14.00 horas.

Conforme o establecido no artigo 77.2 da LOUPMR e 118.1 e 120.1 do Regulamento de planeamento urbanístico, suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supuxesen a modificación da ordenación urbanística vixente. As áreas afectadas pola suspensión son as que se determinan no informe e plano de suspensión de licenzas elaborados polo equipo redactor, denominado Resumo executivo e que consta no expediente. Segundo o devandito informe a suspensión abrangue as seguintes:

– A suspensión establécese nas áreas do solo que reflicte o plano número 2 do Resumo executivo, por ser evidente a contradición entre o réxime de ambos os planeamentos.

Polo tanto, nas áreas onde non se suspenden licenzas, estas poderán ser outorgadas consonte as seguintes condicións e para os seguintes ámbitos:

Solo urbano consolidado: poderanse outorgar licenzas nos ámbitos que o novo PXOM mantén subsistentes (APS) baixo a ordenación dos seus respectivos instrumentos de ordenación de desenvolvemento ou figuras específicas, e coas determinacións particulares que, de ser o caso, son introducidas nas correspondentes fichas de planeamento subsistente, nomeadamente os seguintes:

– APS-PERIC Casco histórico de Noia.

– APS-PP Polígono industrial de Augalevada.

– APS-U.A.3 San Lázaro.

Solo de núcleo rural: poderase outorgar licenza naqueles ámbitos de solo de núcleo rural baixo a aplicación da disposición transitoria primeira da Lei 9/2002 nos ámbitos das normas subsidiarias, mesmo cumprindo simultaneamente as condicións exixidas por ambas as normativas.

Solo rústico: poderase outorgar licenza naqueles ámbitos de solo rústico cumprindo simultaneamente o réxime previsto na Lei 9/2002 para o solo rústico, o disposto nas normas subsidiarias para o solo non urbanizable e o disposto no novo PXOM para o solo rústico.

En todo caso, o cumprimento simultáneo, cando xurda a dúbida de interpretación, resolverase consonte o disposto no artigo 6 da Lei 9/2002.

Noia, 1 de xullo de 2013

Rafael García Guerrero
Alcalde