Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29907

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trasmiras

ANUNCIO de información pública sobre taller de cantaría en Escornabois.

Juan José Manso Maus solicitou desta alcaldía licenza municipal para actividade de taller de cantaría que se situará en Escornabois (Trasmiras). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Trasmiras, 10 de xullo de 2013

Emilio Pazos Ojea
Alcalde