Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29908

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para o ano 2012.

Con data do 28 de decembro de 2012, a Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2012, integrada polas seguintes 19 prazas vacantes:

a) Persoal funcionario (12 prazas, dúas delas pola quenda libre).

Administrativo/a Administración xeral. Número de vacantes: 4. Grupo: C1. Escala: Administración xeral. Subescala: administrativa. Quenda de acceso: promoción interna.

Auxiliar Administración xeral. Número de vacantes: 5. Grupo: C2. Escala: Administración xeral. Subescala: auxiliar. Quenda de acceso: promoción interna.

Inspector/a auxiliar obras, servizos e infraestruturas. Número de vacantes: 1. Grupo: C2. Escala: Administración especial. Subescala: servizos especiais. Clase: cometidos especiais. Quenda de acceso: promoción interna.

Condutor/a bombeiro/a. Número de vacantes: 2. Grupo: C2. Escala: Administración especial. Subescala: servizos especiais. Clase: extinción de incendios. Quenda de acceso: libre.

b) Persoal laboral: 7 prazas pola quenda de promoción interna (1 de capataz e 6 de oficial de oficios).

Capataz. Número de prazas: 1. Quenda de acceso: promoción interna.

Oficial xardineiro. Número de prazas: 2. Quenda de acceso: promoción interna.

Oficial condutor. Número de prazas: 3. Quenda de acceso: promoción interna.

Oficial instalacións municipais. Número de prazas: 1. Quenda de acceso: promoción interna.

2. De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, resérvase 1 praza (7 % das 2 prazas ofertadas pola quenda libre e das 17 reservadas para promoción interna) para persoas con discapacidade:

• Unha praza de auxiliar de Administración xeral, da quenda de promoción interna.

Vigo, 6 de xuño de 2013

Carlos López Font
Concelleiro delegado de Xestión Municipal