Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da concesión de obra pública para a construción e explotación dun cámping de segunda categoría na illa de Ons, dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 4/2013 CO.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18589

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: concesión de obra.

b) Descrición: concesión de obra pública para a construción e explotación dun cámping de segunda categoría na illa de Ons, dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45212110-0.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do investimento: 504.401,66 €.

5. Orzamento base do investimento.

Importe neto: 504.401,66 €. Importe total: 610.326,01 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 11.6.2013.

b) Data de formalización do contrato: 10.7.2013.

c) Adxudicataria: Iniciativas Turísticas de Ons, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: 6.000 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas