Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de construción dun punto limpo no concello de Nigrán (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 34/2012 CA

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18022

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de obra.

b) Descrición: obra de construción dun punto limpo no concello de Nigrán (Pontevedra).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45222100-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 261.743,65 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 261.743,65 €. Importe total: 316.709,82 €.

6. Financiación: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007/2013, eixe 3, tema prioritario 44.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 4.7.2013.

b) Data de formalización do contrato: 10.7.2013.

c) Adxudicatario: Covsa Construcciones Obras y Viales, S.A.

d) Importe de adxudicación: Importe neto: 230.386,76€; importe total con IVE: 278.767,98 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas