Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2013/84-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se describen:

Solicitante: AD Grupo Regueira, S.A.

Domicilio social: Galileo Galilei, 9-11, polígono industrial A Grela, 15008 A Coruña.

Denominación: CS, centro de entrega e medida caseta, LMT e CT de 630 kVA.

Situación: polígono industrial de Sabón, parcela 3 DA 139, Arteixo.

Características técnicas: CS en caseta prefabricada con 3 interrutores seccionadores de 24 kV, 400 A en cabina metálica, centro de entrega (compartida co CS) con seccionamento, protección e equipamento de medida. LMT soterrada de 133 m de lonxitude en cable 12/20 kV, 1×95 Al. CT de interior con transformador de 630 kVA, relación 15-20/0,42 kV en baño de aceite. Aparellaxe de seccionamento e protección en cabina metálica prefabricada.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 4 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña