Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 30006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de xullo de 2013 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade urbanística SIL/127/2012 devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria descoñecida.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 2 de xullo de 2013, ditou a resolución derivada do expediente sancionador e reposición da legalidade número SIL/127/2012, que lle foi incoado a Paloma Naranjo Morodo e Enrique Cayetano Naranjo Morodo, pola execución de obras de construción dunha edificación de uso residencial e varias construcións auxiliares e soleiras, sen a preceptiva autorización autonómica, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Castros, termo municipal de Miño (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da dita resolución a Paloma Naranjo Morodo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde a recorrente teña o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra segunda, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística