Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 30004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de xullo de 2013 pola que se notifican as resolucións dos recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 4 xullo de 2012 recaída no expediente IU1/37/2011.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 13 de xuño de 2013, as resolucións polas cales se resolven os recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 4 xullo de 2012 ditada polo subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na división dun terreo en seis porcións e a posterior edificación de tres vivendas en tres das porcións, soleiras pavimentadas contra cada unha das vivendas, e unha edificación auxiliar e unha piscina en dúas destas porcións; e construción dun invernadoiro noutra, no lugar de Faxón-O Seixal da parroquia de Bembibre, no termo municipal de Val do Dubra, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio dos seus destinatarios, David Souto Álvarez e Mª Encarnación Parcero Cancela, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao citado interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística