Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 30045

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de información pública sobre venda de artigos do automóbil e cambio de pneumáticos.

Esteban Malvido Rodríguez solicitou deste concello licenza municipal de actividade para venda de artigos do automóbil e cambio de pneumáticos na avenida Ourense, 93, baixo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que se poida examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, e formular por escrito as reclamacións e/ou observacións que se consideren oportunas.

Cangas, 6 de maio de 2013

José Enrique Sotelo Villar
Alcalde