Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 103, do 31 de maio de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:
1. Na páxina 19390, artigo 13, punto 11, onde di: «O código de seguridade (CSC) é un algoritmo que combina diferentes datos e establece unha correspondencia unívoca entre o identificador del e o CSC, polo que permite verificar polos órganos competentes en materia de tributos e de xogo, a autenticidade de calquera cartón utilizado no desenvolvemento do bingo electrónico.», debe dicir: «O código de seguridade (CSC) é un algoritmo que combina diferentes datos e establece unha correspondencia unívoca entre o identificador del e o CSC, polo que permite verificar polos órganos competentes en materia de tributos e de xogo a autenticidade de calquera cartón utilizado no desenvolvemento do xogo do bingo».
2. Na páxina 19392, artigo 17, punto 1, onde di: «Os cartóns de bingo físicos deberán estar impresos en pregos de papel que terán as seguintes dimensións: 210 mm × 356 mm», debe dicir: «Os cartóns de bingo físicos deberán estar impresos en pregos de papel que terán as seguintes dimensións: 210 mm × 349,8 mm».
3. Na páxina 19393, artigo 17, punto 2, onde di: «As dimensións dos cartóns serán como mínimo de 105 mm × 58,50 mm», debe dicir: «As dimensións dos cartóns serán como mínimo de 105 mm × 58,30 mm».
4. Na páxina 19412, anexo IX: Formato gráfico e medidas cartóns físicos en soporte material, onde di:
debe dicir: