Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio do procedemento de reintegro de varias axudas do programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 19 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 100, do 26 de maio) relativa ao expediente TR345B 2008/000424-1 e catro máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que estimen oportuna, no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditárase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 10 de xullo de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2008/000424-1.

Nome ou razón social: Benedicto Quintela Trillo.

DNI/NIF: 76332907-R.

Último enderezo coñecido: lg. Baíñas, s/n, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2008/000435-1.

Nome ou razón social: Díaz Larrosa y Fdez. Rguez., S.C.

DNI/NIF: G70084165.

Último enderezo coñecido: rúa Juan Díaz Porlier, 15, baixo, 15009 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2008/000487-1.

Nome ou razón social: Juan José Lafuente Bello.

DNI/NIF: 35464300-W.

Último enderezo coñecido: lg. Xunqueira,15 pt. 4, baixo A, Aguiño, 15965 Ribeira (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2008/00818-1.

Nome ou razón social: Sei Cas 2007, S.L.U.

DNI/NIF: B70132238.

Último enderezo coñecido: lg. Folgueira Castelao, 6, 15189 Culleredo (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2008/000841-1.

Nome ou razón social: Manuel González Rodríguez.

DNI/NIF: 33272856-K.

Último enderezo coñecido: Porto Deportivo de Ribeira, s/n, 15960 Ribeira (A Coruña).