Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 132, do 12 de xullo de 2013, procédese a facer a seguinte corrección:
Na páxina 27857, artigo 18, letra a), onde di: «Gastos de persoal, ás retribucións en nómina sumaranse os gastos de seguridade social correspondentes á empresa e o seu total constituirá o gasto subvencionable por custos de persoal laboral.», debe dicir: «Gastos de persoal: ás retribucións en nómina sumaranse os gastos de seguridade social correspondentes á empresa e o seu total constituirá o gasto subvencionable por custos de persoal.».