Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31176

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 26 de xullo de 2013 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende fomentar a colaboración das empresas no desenvolvemento da formación profesional do sistema educativo co obxecto de adecuar as ensinanzas dos ciclos formativos ás necesidades específicas de formación que demandan as empresas.

O Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, regula, entre outras cuestións, determinados aspectos da formación profesional dual, que combina os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.

A disposición adicional segunda do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, determina que a consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e as entidades empresariais e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. Esta colaboración ten como finalidade, entre outras, a posibilidade de impartir módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional ou módulos formativos incluídos en certificados de profesionalidade nas instalacións das empresas, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos propios da actividade, así como a actualización profesional.

A Orde do 12 de xullo de 2011 regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Na súa virtude, co fin de pór en funcionamento proxectos de formación profesional dual de carácter experimental en colaboración con diversas entidades, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que lle confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto a autorización e implantación de proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional polo réxime de persoas adultas en centros educativos, en colaboración con diversas entidades. Estes proxectos combinan os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación. O Fondo Social Europeo cofinancia nun 80 % os gastos de funcionamento e de profesorado.

2. A relación de centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras nas que se autorizan os proxectos de formación profesional dual establécese no anexo I. Os proxectos serán de dous tipos:

– Contrato de formación e aprendizaxe.

– Réxime de bolsas.

Artigo 2. Definición e modalidade de desenvolvemento da formación profesional dual

1. Os proxectos experimentais de formación profesional dual obxecto desta orde realízanse consonte o establecido no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, e teñen por obxecto a cualificación profesional dos traballadores e das traballadoras nun réxime de alternancia da actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa recibida no marco do sistema educativo.

2. A actividade formativa inherente a estes proxectos será a necesaria para a obtención do título de técnico ou técnico superior correspondente, sen prexuízo de poder incluír formación complementaria para dar resposta tanto ás necesidades do alumnado como ás necesidades das empresas.

3. Estes proxectos de formación profesional dual desenvolveranse, consonte o establecido no artigo 3 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, a través da modalidade de formación compartida entre o centro educativo e a empresa, que consiste en que a empresa lle facilite ao centro de formación os espazos, as instalacións e/ou as persoas expertas para impartir parcialmente determinados módulos profesionais. No centro educativo, os módulos profesionais serán impartidos polo profesorado do corpo de catedráticos e catedráticas de ensino secundario, do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no currículo correspondente.

Artigo 3. Plan de formación e aprendizaxe

1. Estes proxectos de formación profesional dual terán unha duración como máximo de tres anos e impartiranse de acordo co recollido no anexo II para cada ciclo formativo, coa especificación das horas de formación que se realizarán no centro educativo e na empresa para cada módulo profesional.

2. Estes proxectos incorporarán, entre outros aspectos, a programación para cada un dos módulos profesionais consonte o establecido no artigo 23 da citada Orde do 12 de xullo de 2011, que recollerá as actividades que cumpra realizar no centro educativo e na empresa, así como o calendario, a xornada e os horarios en que se realizará a actividade laboral na empresa e a correspondente actividade formativa.

Artigo 4. Requisitos das persoas solicitantes

Para poderen acceder a este proxecto de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

a) Cumprir os requisitos de acceso ao réxime para as persoas adultas establecidos no artigo 43 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.

b) Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

c) Ter entre dezaseis e trinta anos, e carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.

d) Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo correspondente.

Artigo 5. Lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes de inscrición para participar nestes proxectos experimentais de formación profesional dual poderán entregarse en calquera centro que teña oferta de formación profesional dual autorizada e irán dirixidas ao seu director ou á súa directora.

2. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 de setembro ata as 13.00 horas do día 6 de setembro de 2013.

3. A instancia de solicitude axustarase ao modelo do anexo V, para os ciclos formativos de grao medio, ou ao anexo VI, para os ciclos formativos de grao superior, da Orde do 5 de xuño de 2007 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, e deberá incorporar a totalidade dos módulos ofrecidos para o curso académico 2013/14 segundo o plan de formación que se establece no anexo II. A documentación que cumprirá presentar será a establecida no artigo 13 da mesma orde, xunto cun currículo co formato Europass.

O modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

Artigo 6. Procedemento de admisión e matrícula

1. A selección do alumnado admitido en cada ciclo formativo será realizada pola entidade colaboradora correspondente a partir das solicitudes presentadas polas persoas que cumpran os requisitos que se establecen no artigo 4 desta orde. O procedemento de admisión realizarase en dúas fases: a primeira, de recolla de documentación e verificación dos requisitos, que será realizada polo centro educativo; e a segunda, de selección das persoas admitidas, que será realizada pola entidade colaboradora.

2. Na primeira fase, o centro educativo, logo de analizar a documentación presentada, fará pública no taboleiro de anuncios, no prazo máximo de dous días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes, a relación provisional de persoas solicitantes, ordenada alfabeticamente, con indicación do requisito de acceso ao ciclo formativo.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp.

Contra esta listaxe, o alumnado solicitante poderá presentar ante a dirección do centro a correspondente reclamación no prazo de dous días hábiles desde tal publicación.

Logo de resolver as reclamacións presentadas, no prazo de dous días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de reclamacións publicarase no taboleiro de anuncios do centro educativo e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a listaxe coa relación definitiva de persoas solicitantes e o lugar e a hora da convocatoria para a realización da segunda fase de selección. Así mesmo, o centro educativo procederá na mesma data ao envío da devandita listaxe á entidade colaboradora.

3. Na segunda fase, a entidade colaboradora, a partir da listaxe facilitada polo centro educativo e no prazo máximo de sete días hábiles, seleccionará as persoas para participar no proxecto de formación profesional dual, que non poderán exceder o número máximo de alumnado a que se refire o punto 1 do artigo 7 desta orde.

Para tal fin, e en virtude do convenio subscrito coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a entidade colaboradora realizará as probas de coñecementos e capacitación profesional e as entrevistas psicoprofesionais para seleccionar as persoas candidatas que teñan o perfil que mellor se adapte ás características da actividade laboral que será desempeñada no posto de traballo.

Finalizado o período de selección, a entidade colaboradora enviará ao centro educativo a listaxe de persoas admitidas, a listaxe de persoas en espera ordenadas por orde de prioridade, e a listaxe de persoas non seleccionadas, que serán publicadas no taboleiro de anuncios do centro educativo e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

4. No prazo máximo de dous días hábiles desde a publicación das listaxes a que se refire o punto anterior, as persoas admitidas deberanse matricular na secretaría do centro correspondente, segundo o anexo VII da citada Orde do 5 de xuño de 2007.

5. Contra a relación definitiva de solicitantes a que se refire o punto 2 e contra a listaxes ás que se refire o punto 3, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada no prazo máximo dun mes, ante a persoa titular da xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 7. Prazas ofertadas e número mínimo de solicitudes de matrícula

1. O número máximo de alumnos e alumnas con matrícula no proxecto experimental de formación profesional dual será o establecido nos convenios subscritos entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade colaboradora correspondente; en todo caso, será como máximo de quince alumnos/as por proxecto.

2. A autorización da oferta do proxecto experimental de formación profesional dual quedará condicionada a que exista un número mínimo de dez persoas seleccionadas polo procedemento a que se refire o artigo 6 desta orde. Un número menor de persoas seleccionadas exixe a autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para pór en funcionamento este proxecto experimental de formación profesional dual, e mentres que non se dispoña desta autorización non se poderá formalizar matrícula ningunha.

Artigo 8. Titoría e desenvolvemento da formación

1. A entidade colaboradora designará unha persoa como titor ou titora que, entre outras cousas, será responsable do seguimento da actividade formativa e da comunicación co centro de formación.

2. O centro educativo designará unha persoa como titor ou titora do grupo de alumnado que, ademais das funcións que se establecen no artigo 21 da citada Orde do 12 de xullo de 2011, será responsable da coordinación do equipo docente e será a interlocutora coa empresa para o desenvolvemento da actividade formativa.

3. A actividade formativa na empresa e no centro educativo será coordinada polos titores e as titoras mediante reunións de control cunha frecuencia mínima mensual, nas cales se realizará o seguimento de cada alumno ou alumna.

Artigo 9. Avaliación

1. A avaliación do alumnado será responsabilidade do profesorado dos módulos profesionais do centro educativo, tendo en conta as achegas das persoas expertas da empresa e o resultado das actividades desenvolvidas nesta. A valoración do grao de consecución dos resultados de aprendizaxe establecidos no currículo do ciclo formativo farase tomando como referencia inmediata os criterios de avaliación establecidos para cada módulo profesional.

2. Ao longo do período formativo correspondente, o profesorado de cada módulo realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe de conformidade co artigo 23 da citada Orde do 12 de xullo de 2011, utilizando para iso os instrumentos e os procedementos de recolla de información previamente establecidos na programación dos módulos.

Artigo 10. Módulo de formación en centros de traballo e módulo de proxecto

Na finalización do proxecto de formación profesional dual, o alumnado que superase todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente que se especifican no anexo II desta orde eximirase da realización do módulo de formación en centros de traballo e cursará, de ser o caso, o módulo de proxecto nas condicións que se establecen na súa normativa reguladora.

Disposición adicional primeira. Continuidade no proxecto de formación profesional dual por parte do alumnado

1. Para poder continuar no proxecto de formación profesional dual, o alumnado seleccionado deberá superar a totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo correspondente previstos para cada curso académico segundo o plan de formación que se establece no anexo II desta orde. Non obstante, poderase continuar sen cumprir o anterior requisito por razóns debidamente motivadas e con autorización da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

2. Así mesmo, o alumnado será excluído do proxecto de formación dual nos seguintes casos:

a) Por faltas repetidas de asistencia e/ou puntualidade non xustificadas.

b) Por actitude incorrecta, atendendo ao código disciplinario da empresa, ou por falta de aproveitamento.

c) Para o alumnado con contrato de formación e aprendizaxe, pola extinción do contrato por calquera das causas que se establecen no artigo 13 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro.

3. O alumnado seleccionado que cumpra as condicións para continuar no proxecto nos cursos seguintes terá praza garantida e deberá entregar a solicitude de reserva para cada curso académico no prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión establecido no artigo 11 da Orde do 5 de xuño de 2007, e incorporará á solicitude a totalidade dos módulos ofertados que corresponda segundo o plan de formación que se establece no anexo II desta orde.

Disposición adicional segunda. Validacións de módulos profesionais

Coa finalidade de garantir a totalidade das horas de formación da actividade formativa, a validación de módulos profesionais só poderá ser solicitada por parte do alumnado cando finalice o proxecto de formación profesional dual, consonte a normativa vixente.

Disposición adicional terceira. Ordenación académica e avaliación do alumnado

Todos os aspectos relativos á ordenación académica e á avaliación sobre formación profesional inicial non recollidos nesta orde rexeranse polas normas que con carácter xeral regulan as ensinanzas de formación profesional do sistema educativo.

Disposición adicional cuarta. Prazas ofrecidas polo réxime de persoas adultas

Poderanse adxudicar prazas polo réxime de persoas adultas, ata completar o número máximo de prazas que se ofrecen con carácter xeral para este tipo de ensino, ás persoas da listaxe de espera coa orde de prioridade establecida. Estas persoas recibirán a formación dos módulos profesionais do ciclo formativo exclusivamente no centro educativo co mesmo itinerario de formación que o establecido para o proxecto de formación profesional dual, e poderán, se a empresa o considera e nas condicións que se determinen, incorporarse ao proxecto de formación profesional dual se houber algunha vacante.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento e execución

Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptaren as medidas precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2013.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras en que se autorizan os proxectos de formación profesional dual

A) Contrato de formación e aprendizaxe

Concello

Código de Centro

Centro educativo

Código de ciclo

Ciclo formativo

Entidade colaboradora

Ourense

32009131

IES Universidade Laboral

CMTMV01

Carrozaría

Unidad de Vehículos Industriales, S.A. (UNVI)

B) Réxime de bolsas

Concello

Código de centro

Centro educativo

Código de ciclo

Ciclo formativo

Entidade colaboradora

A Coruña

15027770

IES A Sardiñeira

CSQUI02

Química industrial

Repsol Petróleo, S.A

Pontevedra

36020064

CIFP Carlos Oroza

CSHOT02

Servizos en restauración

Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (FEPROHOS)

Vigo

36013448

CIFP Manuel Antonio

CMHOT01

Cociña e gastronomía

Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (FEPROHOS)

ANEXO II
Plan de estudos dos ciclos formativos autorizados para os proxectos de formación profesional dual

A) Contrato de formación e aprendizaxe.

1. Ciclo formativo de grao medio de Carrozaría.

Curso 2013/14

Ano

Código do módulo

Nome do módulo

Horas módulo

Horas

centro educativo

Horas

empresa

1

MP0254

Elementos amovibles.

212

140

72

1

MP0260

Mecanizado básico.

107

71

36

1

MP0256

Elementos fixos.

267

176

91

Total

586

387

199

Curso 2014/15

Ano

Código do módulo

Nome do módulo

Horas módulo

Horas

centro educativo

Horas

empresa

2

MP0255

Elementos metálicos e sintéticos.

267

176

91

2

MP0258

Elementos estruturais do vehículo.

193

127

66

2

MP0291

Formación e orientación laboral.

107

71

36

Total

567

374

193

Curso 2015/16

Ano

Código do módulo

Nome do módulo

Horas módulo

Horas

centro educativo

Horas

empresa

3

MP0460

Empresa e iniciativa emprendedora.

53

35

18

3

MP0257

Preparación de superficies.

172

114

58

3

MP0259

Embelecemento de superficies.

212

140

72

Total

437

289

148

B) Réxime de bolsas.

1) Ciclo formativo de grao superior de Química industrial.

Curso 2013/14

Ano

Código do módulo

Nome do módulo

Horas módulo

Horas

centro educativo

Horas

empresa

1

MP0185

Organización e xestión en industrias químicas.

70

46

24

1

MP0186

Transporte de sólidos e fluídos.

160

106

54

1

MP0188

Operacións básicas na industria química.

266

176

90

1

MP0189

Reactores químicos.

140

92

48

1

MP0194

Prevención de riscos en industrias químicas.

80

53

27

1

MP0196

Formación e orientación laboral.

107

71

36

Total

823

544

279

Curso 2014/15

Ano

Código do módulo

Nome do módulo

Horas módulo

Horas

centro educativo

Horas

empresa

2

MP0187

Xeración e recuperación de enerxía.

157

104

53

2

MP0190

Regulación e control de proceso químico.

210

139

71

2

MP0191

Mantemento electromecánico en industrias de proceso.

133

88

45

2

MP0192

Formulación e preparación de mesturas.

107

71

36

2

MP0193

Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicos.

107

71

36

2

MP0197

Empresa e iniciativa emprendedora

53

35

18

Total

767

508

259

2. Ciclo formativo de grao medio de Servizos en Restauración.

Curso 2013/14

Ano

Código do módulo

Nome do módulo

Horas módulo

Horas

centro educativo

Horas

empresa

1

MP0031

Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos.

53

35

18

1

MP0151

Operacións básicas en restaurante.

320

211

109

1

MP0153

Servizos en restaurante e eventos especiais.

210

139

71

1

MP0155

Técnicas de comunicación en restauración.

53

35

18

1

MP0154

O viño e o seu servizo.

140

92

48

Total

776

512

264

Curso 2014/15

Ano

Código do módulo

Nome do módulo

Horas módulo

Horas

centro educativo

Horas

empresa

2

MP0045

Ofertas gastronómicas.

87

57

30

2

MP0150

Operacións básicas en bar e cafetaría.

267

176

91

2

MP0152

Servizos en bar e cafetaría.

140

92

48

2

MP0156

Inglés.

160

106

54

2

MP0157

Formación e orientación laboral.

107

71

36

2

MP0158

Empresa e iniciativa emprendedora.

53

35

18

Total

814

537

277

3. Ciclo formativo de grao medio de Cociña e Gastronomía.

Curso 2013/14

Ano

Código do módulo

Nome do módulo

Horas módulo

Horas

centro educativo

Horas

empresa

1

MP0026

Procesos básicos de pastelaría e repostaría.

240

158

82

1

MP0031

Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos.

53

35

18

1

MP0046

Preelaboración e conservación de alimentos.

240

158

82

1

MP0047

Técnicas culinarias.

320

211

109

Total

853

562

291

Curso 2014/15

Ano

Código do módulo

Nome do módulo

Horas módulo

Horas

centro educativo

Horas

empresa

2

MP0028

Sobremesas en restauración.

157

92

48

2

MP0045

Ofertas gastronómicas.

210

57

30

2

MP0048

Produtos culinarios.

133

231

119

2

MP0049

Formación e orientación laboral.

107

71

36

2

MP0050

Empresa e iniciativa emprendedora.

107

35

18

Total

737

486

251