Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31175

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de xullo de 2013 pola que se autoriza o cambio de denominación do Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

De conformidade co previsto no artigo 3 do Decreto 223/2010, do 30 de decembro, polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Código: 27016558.

Denominación actual: Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

Nova denominación: Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria