O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Darlle publicidade ao convenio subscrito pola Consellería de Economía e Industria o 5 de xullo de 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2013
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria
ANEXO
Convenio de colaboración subscrito pola Consellería de Economía e Industria
o 5 de xullo do ano 2013
Convenio |
Data de sinatura |
Importe |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e as empresas Unión Fenosa Distribución, S.A., Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., a Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de Galicia (Apyde), Electra Alto Miño, S.A., Distribuidora Eléctrica de Catoira, S.A., Eléctrica de Valdriz, S.L., e Eléctrica de Alberguería, S.A. para a mellora da calidade da subministración eléctrica de Galicia-2013, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder 2007-2013. |
5.7.2013 |
5.763.840,31 |