Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32335

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (53/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 53/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván José del Río Maceira contra o empresario José Manuel Casas Señarís, sobre cantidade, ditouse Decreto 272/2013, do 23 de maio, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado José Manuel Casas Señarís (DNI 33285805-K) pola suma de 11.880,79 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013

A secretaria xudicial