Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32333

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (74/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 74/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Javier Hernández García contra a empresa Mymain, S.A., Clequali, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou o 10.7.2013 sentenza cuxo ditame di textualmente:

Ditame.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Antonio Javier Hernández García fronte á empresa Clequali, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que lle aboe ao demandante a indemnización detallada no número segundo deste ditame.

2º. A indemnización ascenderá á cantidade de 17.679,20 euros (dezasete mil seiscentos setenta e nove euros con vinte céntimos).

3º. Acordo a compensación entre a indemnización que puido percibir o traballador demandante polo despedimento obxectivo e a que se fixa nesta sentenza polo despedimento improcedente.

4º. Absolvo a demandada Mymain, S.L. e o Fogasa dos pedimentos formulados fronte a eles.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Mymain, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de xullo de 2013

A secretaria xudicial