Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, así como a aprobación do proxecto de execución, dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2012/237-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L. Elemol.

Domicilio social: avenida Pontevedra, 14-baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: LMTS Caritel II.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: cambio de condutor LA-30 por LA-56 dun tramo de 570 metros da LMT aérea Pazos-Caritel, desde o apoio nº 1 da derivación Caritel ata un apoio máis alá do apoio proxectado paso aéreo subterráneo (PAS) 1, do cal se fai a subderivación Caritel II. LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1, de 750 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado PAS-1 (á altura do CS A Esparrafada) e final no apoio proxectado PAS-2 na subderivación Caritell II (dirección A Fraga) unha vez entre e saia do novo CT Caritel 2. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/420 V, situado en Caritel, Ponte Caldelas.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 15 de febreiro de 2013, no BOP do 6 de febreiro de 2013, no xornal Faro de Vigo do 24 de maio de 2013 e no taboleiro de anuncios do Concello de Ponte Caldelas. Tamén foron notificados individualmente os titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados, así como aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 3 de xullo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra