Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT e CT na estrada OU-203, antiga estación de ferrocarril para envasado de botellas de gas no concello de Maside (expediente IN407A 2012/31-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Cepsa Gas Licuado, S.A.

Domicilio social: avda. Partenón, 12, 28042 Madrid.

Denominación: LMT e CT en estrada OU-203, antiga estación de ferrocarril para envasado de botellas de gas.

Situación: Maside.

Características técnicas:

LMT aereosubterránea a 20 kV de 22 m en aéreo con condutor LA56 e 180 m en subterráneo con condutor RHZ1 12/20 LV 3×1×95 mm2 Al e con orixe na LMT existente de Unión Fenosa Distribución CNO8236 e remate no CT prefabricado de 800 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 51.601,10 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan precisas, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 5 de agosto de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense