Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 103/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMTA, CT Figueroa a CT Bordel (tramo CT Figueroa a Palai).

Situación: concello de Abegondo.

Características técnicas:

Reforma da liña de media tensión aérea a CT Figueroa a CT Palai (expediente 50016), a 15/20 kV, coa orixe en apoio de formigón nº 116 existente da LMTA Cesuras-Carral, nunha lonxitude de 808 m con instalación de cinco novos apoios metálicos de tipo metálico e condutor tipo LA 56/54,6 mm², e final en torre metálica existente nº 116/6 da LMTA Figueora-Bordel.

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 6 m coa orixe en apoio de formigón nº 116 existente da LMTA Cesuras-Carral, con condutor tipo LA 56/54,6 mm², e final no novo CT intemperie Figueroa.

Novo centro de transformación intemperie Figueroa, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV, que substitúe o CT tipo caseta existente (expediente 50149) que se demolerá.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de xullo de 2013

Por ausencia (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas