Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 126/2009).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo 2 LMTS, CTC, RBT Sobrecarreira.

Situación: concello de Cambre.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, de 920 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3(1×240) mm² Al coa orixe no apoio existente nº 10 onde se atopa a derivada a CT Castrobó (expediente IN407A 1996/7) da LMTA SMC-701 Cambre-Sigrás 01, e final no CT Sobrecarreira proxectado na mesma localización do proxecto orixinal.

Rede de baixa tensión soterrada, coa orixe no CT Sobrecarreira proxectado, cunha lonxitude de 0,420 km, e condutor tipo XZ1-0,6/1 kV 4(1×240 mm²) Al, e final na rede aérea existente.

Rede de baixa tensión aérea coa instalación de tres apoios HV-630 R11.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de xullo de 2013

Por ausencia (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17.6.2009)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas