Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PESAN1 2012/818-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución relativa á suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 61 63).

Nº de expediente: PESAN1 2012/818-5.

Beneficiario: Luis Molanes Fernández.

NIF: 35313657-D.

Enderezo: Reboredo, nº 56, 36940 Cangas (Pontevedra).

Trámite: resolución de outorgamento da suspensión condicional da execución da sanción por un prazo de nove meses.

Prazo para presentar recurso de reposición: un mes.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2013

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar