Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración de equipamentos de protección individual e complementos para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia durante o ano 2013 con 11 lotes (proposta 126/12-I) (expediente 11/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamentos de protección individual e complementos para o persoal do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta de Galicia durante o ano 2013 con 11 lotes (proposta 126/12-I).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18518

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 20 de marzo de 2013, DOG nº 59, do 25 de marzo de 2013 e BOE nº 71, do 23 de marzo de 2013.

e) División por lotes e número: si, 11.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 665.642,14 euros; importe total: 805.427,00 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote 1: un mínimo de 2.100 fundas de protección ignífugas.

a) Data da resolución da adxudicación: 24 de maio de 2013.

b) Adxudicataria: Iturri, S.A.

c) Importe (sen IVE): 239.333,50 €; prezo unitario de 106,75 €/unidade, un total de 2.242 fundas de protección ignífugas.

d) Data de formalización do contrato: 26 de xuño de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, ao obter a maior puntuación no procedemento.

Lote 2: un mínimo de 850 traxes de protección ignífugos.

a) Data da resolución da adxudicación: 24 de maio de 2013.

b) Adxudicataria: Iturri, S.A.

c) Importe (sen IVE): 108.692,82 euros; prezo unitario de 119,97 €/unidade, un total de 906 traxes de protección ignífugos.

d) Data de formalización do contrato: 26 de xuño de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Lote 3: un mínimo de 1.500 camisetas ignífugas.

a) Data da resolución da adxudicación: 24 de maio de 2013.

b) Adxudicataria: Confecciones Oroel, S.A.

c) Importe (sen IVE): 22.311,20 euros; prezo unitario de 13,36 €/unidade, un total de 1.670 camisetas ignífugas.

d) Data de formalización do contrato: 28 de xuño de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Lote 4: un mínimo de 1.700 botas para brigadas e condutores de motobomba.

a) Data da resolución da adxudicación: 24 de maio de 2013.

b) Adxudicataria: Curtidos Galaicos, S.L.

c) Importe (sen IVE): 154.539,00 euros; prezo unitario de 63,00 €/unidade, un total de 2.453 botas de brigadas.

d) Data de formalización do contrato: 28 de xuño de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Lote 5: un mínimo de 550 botas para técnicos e axentes forestais.

a) Data da resolución da adxudicación: 24 de maio de 2013.

b) Adxudicataria: Curtidos Galaicos, S.L.

c) Importe (sen IVE): 47.702,00 euros; prezo unitario de 61,00 €/unidade, un total de 782 botas de técnicos.

d) Data de formalización do contrato: 28 de xuño de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Lote 6: un mínimo de 150 cascos.

a) Data da resolución da adxudicación: 24 de maio de 2013.

b) Adxudicataria: Peycar Pontevedra, S.L.

c) Importe (sen IVE): 14.798,00 euros; prezo unitario de 98,00 €/unidade, un total de 151 cascos.

d) Data de formalización do contrato: 28 de xuño de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a única oferta presentada.

Lote 7: un mínimo de 1.000 protectores do pescozo.

a) Data da resolución da adxudicación: 24 de maio de 2013.

b) Adxudicataria: Peycar Pontevedra, S.L.

c) Importe (sen IVE): 16.516,80 euros; prezo unitario de 13,95 €/unidade, un total de 1.184 protectores do pescozo.

d) Data de formalización do contrato: 28 de xuño de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Lote 8: un mínimo de 1.000 lentes.

a) Data da resolución da adxudicación: 24 de maio de 2013.

b) Adxudicataria: Iturri, S.A.

c) Importe (sen IVE): 16.524,00 euros; prezo unitario de 12,00 €/unidade, un total de 1.377 lentes.

d) Data de formalización do contrato: 26 de xuño de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Lote 9: un mínimo de 500 máscaras antifume.

a) Data da resolución da adxudicación: 24 de maio de 2013.

b) Adxudicataria: Iturri, S.A.

c) Importe (sen IVE): 12.379,88 euros; prezo unitario de 17,89 €/unidade, un total de 692 máscaras antifume.

d) Data de formalización do contrato: 26 de xuño de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica mais vantaxosa.

Lote 10: un mínimo de 500 cintos.

a) Data da resolución da adxudicación: 24 de maio de 2013.

b) Adxudicataria: Guarnicionería Roal, S.A.

c) Importe (sen IVE): 7.020 euros; prezo unitario de 13,00 €/unidade, un total de 540 cintos.

d) Data de formalización do contrato: 26 de xuño de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, ao obter a maior puntuación no procedemento.

Lote 11: un mínimo de 1.500 luvas.

a) Data da resolución da adxudicación: 30 de maio de 2013 (deserta).

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar