Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33945

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2013 referente á convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto municipal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 248, do 30 de decembro de 2010, e no número 135, do 17 de xullo de 2013, insírense os anuncios que conteñen as bases xerais e específicas, así como a convocatoria, que rexerán a seguinte convocatoria:

Persoal: funcionario. Grupo A; subgrupo A1; denominación: arquitecto; vacantes: 1; provisión: consolidación de emprego. Concurso-oposición; quenda: libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais que contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria só se publicarán no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos da casa do concello.

Oroso, 19 de xullo de 2013

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde