Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33944

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre unha licenza solicitada por Maprovi, S.L. (expediente 2011/389).

Sométese a información pública o expediente nº 2011/389, tramitado por instancia de Maprovi, S.L. para unha licenza de actividade para distribución e venda de subministracións e efectos de protección para o sector naval, construcións e empresas en xeral, no polígono industrial de Portela, na parroquia de Tameiga deste municipio, segundo o disposto no ordinal 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental. Durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais a fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións e observacións que teñan por conveniente.

Mos, 11 de xullo de 2013

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo