Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34193

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de información pública sobre explotación avícola en Morgade.

José Víctor Vázquez Brea solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a construción dunha explotación avícola na parcela nº 224 do polígono 513 da EP de Morgade, deste municipio. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as observacións que xulguen oportunas.

Xinzo de Limia, 30 de xullo de 2013

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde