O Pleno da Corporación, en sesión do 31 de xuño de 2013, prestou aprobación inicial ao proxecto de modificación puntual del Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para delimitación dos núcleos rurais de Pereiras e A Venda do Río, na parroquia de Santiago de Rabeda, redactado polo arquitecto Víctor Grande Nieto e datado en xuño de 2013.
En cumprimento do disposto no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na redacción dada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, o proxecto someterase a información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.
Durante o dito prazo, calquera interesado poderá examinar nas dependencias municipais, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, a documentación inicialmente aprobada e formular as alegacións que xulgue pertinentes.
Quedan en suspenso as licenzas en todos os ámbitos afectados polas variacións do plan xeral proposto con respecto á ordenación anterior ata a aprobación definitiva da modificación puntual número 3 do PXOM de Taboadela.
Taboadela, 2 de agosto de 2013
Manuel Gallego Vila
Alcalde