Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35008

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 22 de agosto de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada na solicitude de suspensión formulada por José Carlos Peña Moure.

Con data do 8 de agosto de 2013, a conselleira de Facenda ditou resolución no que respecta á solicitude de suspensión formulada por José Carlos Peña Moure contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 5 de xullo de 2013.

Logo de intentar, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificacións, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo, por non retirala tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a José Carlos Peña Moure, a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, perante, á elección do/da demandante, o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña aquel/a o seu enderezo, ou o de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública