Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (763/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 763/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Zeltia Roca Quinteiro contra as empresas Confecciones Cardigan, S.A., Punto Deza, S.A. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Zeltia Roca Quinteiro, que comparece asistida da letrada Sra. Quinteiro Quinteiro, contra as empresas Confecciones Cardigan, S.A. e Punto Deza, S.A., que non comparecen malia estaren citadas en legal forma e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral que vincula as partes, con condena da empresa indicada a que aboe á Sra. Roca a cantidade de 20.922,56 euros en concepto de indemnización e ao aboamento dos salarios de tramitación en contía de 39,80 euros diarios desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se arquivará. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Punto Deza, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de agosto de 2013

A secretaria xudicial