Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 3 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de execución forzosa da obriga imposta no expediente sancionador SAN-LU-0093/2011-SG.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tras intentar a notificación persoal ata en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 3 de setembro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0093/2011-SG.

Interesado: Luis Díaz Arias.

Acto notificado: acordo de execución forzosa.