Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35901

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do complementario do texto refundido do proxecto de expropiación para a obtención dos bens e dereitos afectados para a execución do enlace da terceira rolda coa autovía AC-14 nas Lonzas (clave AC/01/076.03.3M1).

A Xunta de Goberno Local, con data do 9 de agosto de 2013, adoptou o acordo que a continuación se transcribe:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o complementario do texto refundido do proxecto de expropiación para a obtención dos bens e dereitos afectados para a execución do enlace da terceira rolda coa autovía AC-14 nas Lonzas. Clave AC/01/076.03.3M1. O importe do presente proxecto de expropiación ascende a 90.656,86 euros e existe crédito adecuado e suficiente con cargo á partida 30.151.600.05. do orzamento do ano 2013, código de proxecto 2004-2-PATRI-12.

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a determinación do prezo xusto.

Terceiro. Someter o citado expediente a información pública polo prazo dun mes para os efectos de alegacións con notificación individual aos titulares de bens e dereitos que aparecen no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que no prazo dun mes contado desde o día seguinte á recepción da notificación, formulen alegacións e acheguen os títulos que os acrediten como propietarios ou titulares doutros dereitos, se é o caso».

De conformidade co disposto no artigo 143.2 e 3 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese a información pública polo prazo dun mes para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren pertinentes.

Para estes efectos, indícase que o expediente pode consultarse durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Urbanismo (praza Indalecio Prieto, nº 1, Antigo Cuartel de Intendencia), de luns a venres.

A Coruña, 12 de agosto de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo