Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35900

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación de gando vacún en Santa Cristina.

Ganadería Santa Cristina, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación de explotación de gando vacún existente en Santa Cristina. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Carballedo, 27 de agosto de 2013

Julio M. Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde