Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador INC-LU-0051/2012-REP.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador INC-LU-0051/2012-REP.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Organización e Control de Medios da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situadas en San Lázaro, s/n, 15707 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada da resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente ao seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, por ser a sede do órgano autor do acto impugnado, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á notificación da presente, de acordo co disposto nos artigos 8.2.b), 14.1.Segunda e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: INC-LU-0051/2012-REP.

Interesado: Manuel Gómez González.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: r/ Diego Pazos, Ed. Ponte Vella, 1, 2º A, 27600 Sarria (Lugo).